Que mellor maneira de celebrar o Día da Biblioteca que rodeados de bos libros, boa música e boa compañía. Así aconteceu esta tarde na Biblioteca Municipal, só hai que botar unha ollada ás fotos para decatarse que os cativos e non tan cativos pasaron un ratiño moi divertido coñecendo instrumentos musicais, cantando, descubrindo versións moi divertidas da coñecida A Saia da Carolina, escoitando música con instrumentos feitos con materiais de refugallo, ... resumindo, desfrutando dun espectáculo moi musical, participativo e entretido.
Achegar os libros e a lectura desde idades temperás é un gran estímulo á imaxinación, creatividade, á capacidade verbal e á concentración dos nosos pequenos. Por iso as actividades xirarán sempre en torno algún conto, cada semana versará sobre un tema distinto e faremos diferentes dinámicas, xogos, manualidades, tentando pasar un rato divertido ao mesmo tempo que aprenden xogando, fomentando o traballo en equipo, a cooperación, a axuda entre eles, … Hace unos segundos
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario