xoves, 29 de maio de 2014


Esta tarde rematamos o proxecto "Rebulindo na biblio" deste ano 2013-2014.
Para finalizar fixemos moitos xogos con globos, en equipo, música, ... unha tarde de xogo para despedirnos desta tempada na que descubrimos moitos contos, vivimos moitas aventuras da man de diferentes pesonaxes, convertímonos en artistas por unha hora facendo moitos murais e pintura en tea, aprendemos xogos de mesa, elaboramos os nosos propios xogos de mesa, ... resumindo, compartimos moitas risas, aventuras, experiencias, lecturas, contos, ... que esperamos que para o curso que ven se sumen máis.

mércores, 21 de maio de 2014

Artistas por un día


Este martes 20 de maio, quixemos facer algo diferente e personalizar unha prenda de roupa; polo que nos puxemos "mans á tea". 
Trouxemos unha camiseta de casa, collimos pinceis, pintura para tea, corchos para facer de selos e deixamos voar a nosa imaxinación ... un corazón por aquí, un pacman por alá, unhas letriñas no medio, unhas estreliñas ... mirade que resultado tan bonito!!!

De seguro, non atoparemos ningún neno nin nena cunha camiseta igual ;)

xoves, 15 de maio de 2014

17 de maio. Día das Letras Galegas



Esta semana quixémola dedicar ao galego, xa que o sábado se celebra o Día das Letras Galegas (17 de maio).
Fixemos dous murais no que se expoñen palabras en galego e ensinamos a nosa lingua: o galego :D



Ademais fixemos un barquiños cos que poder percorrer a costa galega e coñecer lugares ben bonitos, como Combarro, Baiona, Ribadeo, Finisterre, ...

P

Por último,  aprendemos como é a bandeira galega, fixémola co nome do autor ao que dedicamos este ano o Día das Letras Galegas, Xosé Mª Díaz Castro

¡Que ben o pasamos entre letras, cores, papeis, ... e todo en galego!



martes, 6 de maio de 2014

Rebulindo entre fios



Esta tarde, despois de ler un conto no que o seu protagonista é un sastre, os nosos cativos quixeron ser tamén sastres por un ratiño 


e, resultou ser moi divertido e gratificante, quedáronnos uns bonequiños ben bonitos. 

Seguro que lucen ben bonitiños en calquera lugar.