martes, 18 de novembro de 2014

DÍA UNIVERSAL DO NENO. 20 DE NOVEMBRO

Esta semana celébrase o Día Internacional dos dereitos dos nenos.


Tal e como explica UNICEF,  a Convención describe os dereitos infantís ao longo de 54 artigos e dúas disposicións adicionais. E estes Dereitos do Neno baséanse en catro principios fundamentais:
  1. Os nenos non deben sufrir discriminación.
  2. O interese do neno deber ser o mais importante cando se tomen decisións que lle afecten.
  3. Todos os nenos teñen dereito á supervivencia e ao desenvolvemento; isto inclúe o dereito ao benestar mental e físico. 
  4. Os nenos teñen que expresar os seus puntos de vista e sempre se teñen que tomar en consideración as súas opinións nos temas que lles afecten.


Na Biblioteca Municipal podedes atopar contos sobre os dereitos dos nenos. Pasádevos e votádelle un ollo, de seguro atopades algún que gusta tanto aos cativos como aos maiores ;

xoves, 6 de novembro de 2014

MAGOSTO

Esta semana xa arrecende a magosto, e é que aos cativos que rebulen na biblio gostan das festiñas.


O martes coñecimos a historia dun rato moi valente que fixo frente a un fero gato para poder chegar a tempo á festa de magosto que se ía celebrar na escola. E coa axuda das nosas mamis démoslle "vida" a Rato Pincho e nos quedaron ben bonitiños. 



O xoves, construimos un xogo de memoria con tarxetas relacionadas co magosto. Os cativos gústalles moito xogar a este tipo de xogo, e sen darse conta están reforzando e estimulando a capacidade de memoria e concentración. Xogamos e aprendemos mentres nos divertimos en grupo.