os nosos cativos quixeron render unha pequeniña homenaxe as súas mamis polo día da muller. Que importantes son as nosas mamás!
e os seus bicos milagreiros, os seus abrazos consoladores, as súas miradas cómplices, os seus sorrisos, ….
Achegar os libros e a lectura desde idades temperás é un gran estímulo á imaxinación, creatividade, á capacidade verbal e á concentración dos nosos pequenos. Por iso as actividades xirarán sempre en torno algún conto, cada semana versará sobre un tema distinto e faremos diferentes dinámicas, xogos, manualidades, tentando pasar un rato divertido ao mesmo tempo que aprenden xogando, fomentando o traballo en equipo, a cooperación, a axuda entre eles, … Hace unos segundos