venres, 19 de setembro de 2014

EN GALEGO SI!


"Meu o mundo é! canción incluida no libro cd-dvd de "brinca vai" foi gravada en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, e conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deportes, ciencia, ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!

mércores, 17 de setembro de 2014

SEGUIMOS A REBULIR NA BIBLIO

Comeza o novo curso escolar e na biblio xa estamos argallando xogos e novas propostas para iniciar esta nova etapa. 

Este ano invitamos a rebulir aos papás e mamás dos cativos, para descubrir entre un montón de contos, aventuras a esgalla. So se precisan ganas de imaxinar, xogar, crear, soñar, idear ...

Coa finalidade de buscar un espazo e actividades que compartir en familia, esperámosvos na biblio os martes e xoves de 18.00h a 19.00h. Os papis e as mamis serán benvidos todos os martes. 

Comezaremos o 7 de outubro ;)

xoves, 29 de maio de 2014


Esta tarde rematamos o proxecto "Rebulindo na biblio" deste ano 2013-2014.
Para finalizar fixemos moitos xogos con globos, en equipo, música, ... unha tarde de xogo para despedirnos desta tempada na que descubrimos moitos contos, vivimos moitas aventuras da man de diferentes pesonaxes, convertímonos en artistas por unha hora facendo moitos murais e pintura en tea, aprendemos xogos de mesa, elaboramos os nosos propios xogos de mesa, ... resumindo, compartimos moitas risas, aventuras, experiencias, lecturas, contos, ... que esperamos que para o curso que ven se sumen máis.

mércores, 21 de maio de 2014

Artistas por un día


Este martes 20 de maio, quixemos facer algo diferente e personalizar unha prenda de roupa; polo que nos puxemos "mans á tea". 
Trouxemos unha camiseta de casa, collimos pinceis, pintura para tea, corchos para facer de selos e deixamos voar a nosa imaxinación ... un corazón por aquí, un pacman por alá, unhas letriñas no medio, unhas estreliñas ... mirade que resultado tan bonito!!!

De seguro, non atoparemos ningún neno nin nena cunha camiseta igual ;)

xoves, 15 de maio de 2014

17 de maio. Día das Letras Galegas



Esta semana quixémola dedicar ao galego, xa que o sábado se celebra o Día das Letras Galegas (17 de maio).
Fixemos dous murais no que se expoñen palabras en galego e ensinamos a nosa lingua: o galego :D



Ademais fixemos un barquiños cos que poder percorrer a costa galega e coñecer lugares ben bonitos, como Combarro, Baiona, Ribadeo, Finisterre, ...

P

Por último,  aprendemos como é a bandeira galega, fixémola co nome do autor ao que dedicamos este ano o Día das Letras Galegas, Xosé Mª Díaz Castro

¡Que ben o pasamos entre letras, cores, papeis, ... e todo en galego!



martes, 6 de maio de 2014

Rebulindo entre fios



Esta tarde, despois de ler un conto no que o seu protagonista é un sastre, os nosos cativos quixeron ser tamén sastres por un ratiño 


e, resultou ser moi divertido e gratificante, quedáronnos uns bonequiños ben bonitos. 

Seguro que lucen ben bonitiños en calquera lugar.


martes, 29 de abril de 2014

Unha manualidade especial




Hoxe quixemos facer unha tarxeta para unha 
persoa moi moi especial: as nosas mamis. O sorriso delas e dos cativos reflexa con canta ilusión as fixeron e a ledicia con que elas as recibiron.