martes, 2 de decembro de 2014

TEMPO DE NADAL

É tempo de Nadal. 

Aos nosos cativos gústalles moito facer traballos manuais así que decimos facer unha árbore moi especial: unha árbore que nace e medra coas nosas propias mans e coa axuda das nosas mamis :) que mellor que o traballo en equipo!!!, e está  adornada con bolas cargadas de bos desexos. 
¿Que vos parece? Pode ser unha boa idea para facer en casa, non si? 

martes, 18 de novembro de 2014

DÍA UNIVERSAL DO NENO. 20 DE NOVEMBRO

Esta semana celébrase o Día Internacional dos dereitos dos nenos.


Tal e como explica UNICEF,  a Convención describe os dereitos infantís ao longo de 54 artigos e dúas disposicións adicionais. E estes Dereitos do Neno baséanse en catro principios fundamentais:
  1. Os nenos non deben sufrir discriminación.
  2. O interese do neno deber ser o mais importante cando se tomen decisións que lle afecten.
  3. Todos os nenos teñen dereito á supervivencia e ao desenvolvemento; isto inclúe o dereito ao benestar mental e físico. 
  4. Os nenos teñen que expresar os seus puntos de vista e sempre se teñen que tomar en consideración as súas opinións nos temas que lles afecten.


Na Biblioteca Municipal podedes atopar contos sobre os dereitos dos nenos. Pasádevos e votádelle un ollo, de seguro atopades algún que gusta tanto aos cativos como aos maiores ;

xoves, 6 de novembro de 2014

MAGOSTO

Esta semana xa arrecende a magosto, e é que aos cativos que rebulen na biblio gostan das festiñas.


O martes coñecimos a historia dun rato moi valente que fixo frente a un fero gato para poder chegar a tempo á festa de magosto que se ía celebrar na escola. E coa axuda das nosas mamis démoslle "vida" a Rato Pincho e nos quedaron ben bonitiños. 



O xoves, construimos un xogo de memoria con tarxetas relacionadas co magosto. Os cativos gústalles moito xogar a este tipo de xogo, e sen darse conta están reforzando e estimulando a capacidade de memoria e concentración. Xogamos e aprendemos mentres nos divertimos en grupo.





xoves, 30 de outubro de 2014

"CONTOS DE MEDO"

Estamos nunhas datas nas que o medo está moi presente, mortos que resucitan, luces que se acenden no medio da escuridade, ... Na biblio temos contos para axudar a combater os medos infantís, dragóns comemedo, palabras máxicas que axudan a non ter medo, nenas amigas da escuridade, coleccionistas de medos ... 
Esta tarde  contaremos algún mentres rebulimos na biblio, e a ti cal che apetece ler?

venres, 24 de outubro de 2014

DIA DA BIBLIOTECA COA COMPAÑIA "OS TRES TENEDORES"

Que mellor maneira de celebrar o Día da Biblioteca que rodeados de bos libros, boa música e boa compañía. Así aconteceu esta tarde na Biblioteca Municipal, só hai que botar unha ollada ás fotos para decatarse que os cativos e non tan cativos pasaron un ratiño moi divertido coñecendo instrumentos musicais, cantando, descubrindo versións moi divertidas da coñecida A Saia da Carolina, escoitando música con instrumentos feitos con materiais de refugallo, ... resumindo, desfrutando dun espectáculo moi musical, participativo e entretido. 











venres, 17 de outubro de 2014

Programa de Animación á Lectura "LER CONTA MOITO"

O próximo 24 de outubro, coincidindo co Día da Biblioteca, terá lugar unha actuación enmarcada no programa "Ler conta moito" da Secretaría de Cultura, que ten como obxectivo achegar os libros e a lectura aos mais cativos.

A compañía "Os Tres Tenedores" representará a súa obra "Petiscos musicais", un espectáculo-obradoiro onde os nenos e as nenas coñecerán de primeira man os segredos da música: mostra de diversos tipos de instrumentos, construción con materiais de refugallo, estilos musicais, ritmos diversos e fermosas cancións que farán desta viaxe a máis musical das aventuras.

Esta actividade terá lugar ás 18.00h na Biblioteca Municipal e, está dirixida aos cativos maiores de catro anos.  



martes, 7 de outubro de 2014

COMEZAMOS A REBULIR NA BIBLIO


Hoxe estamos moi contentos porque a biblio tivo moitas visitas, cativos e mamis viñeron ao comezo desta nova edición do proxecto "Rebulindo na biblio", e pasámolo moi ben descubrindo ao artista que todos levamos dentro. 



venres, 19 de setembro de 2014

EN GALEGO SI!


"Meu o mundo é! canción incluida no libro cd-dvd de "brinca vai" foi gravada en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, e conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deportes, ciencia, ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!

mércores, 17 de setembro de 2014

SEGUIMOS A REBULIR NA BIBLIO

Comeza o novo curso escolar e na biblio xa estamos argallando xogos e novas propostas para iniciar esta nova etapa. 

Este ano invitamos a rebulir aos papás e mamás dos cativos, para descubrir entre un montón de contos, aventuras a esgalla. So se precisan ganas de imaxinar, xogar, crear, soñar, idear ...

Coa finalidade de buscar un espazo e actividades que compartir en familia, esperámosvos na biblio os martes e xoves de 18.00h a 19.00h. Os papis e as mamis serán benvidos todos os martes. 

Comezaremos o 7 de outubro ;)

xoves, 29 de maio de 2014


Esta tarde rematamos o proxecto "Rebulindo na biblio" deste ano 2013-2014.
Para finalizar fixemos moitos xogos con globos, en equipo, música, ... unha tarde de xogo para despedirnos desta tempada na que descubrimos moitos contos, vivimos moitas aventuras da man de diferentes pesonaxes, convertímonos en artistas por unha hora facendo moitos murais e pintura en tea, aprendemos xogos de mesa, elaboramos os nosos propios xogos de mesa, ... resumindo, compartimos moitas risas, aventuras, experiencias, lecturas, contos, ... que esperamos que para o curso que ven se sumen máis.

mércores, 21 de maio de 2014

Artistas por un día


Este martes 20 de maio, quixemos facer algo diferente e personalizar unha prenda de roupa; polo que nos puxemos "mans á tea". 
Trouxemos unha camiseta de casa, collimos pinceis, pintura para tea, corchos para facer de selos e deixamos voar a nosa imaxinación ... un corazón por aquí, un pacman por alá, unhas letriñas no medio, unhas estreliñas ... mirade que resultado tan bonito!!!

De seguro, non atoparemos ningún neno nin nena cunha camiseta igual ;)

xoves, 15 de maio de 2014

17 de maio. Día das Letras Galegas



Esta semana quixémola dedicar ao galego, xa que o sábado se celebra o Día das Letras Galegas (17 de maio).
Fixemos dous murais no que se expoñen palabras en galego e ensinamos a nosa lingua: o galego :D



Ademais fixemos un barquiños cos que poder percorrer a costa galega e coñecer lugares ben bonitos, como Combarro, Baiona, Ribadeo, Finisterre, ...

P

Por último,  aprendemos como é a bandeira galega, fixémola co nome do autor ao que dedicamos este ano o Día das Letras Galegas, Xosé Mª Díaz Castro

¡Que ben o pasamos entre letras, cores, papeis, ... e todo en galego!



martes, 6 de maio de 2014

Rebulindo entre fios



Esta tarde, despois de ler un conto no que o seu protagonista é un sastre, os nosos cativos quixeron ser tamén sastres por un ratiño 


e, resultou ser moi divertido e gratificante, quedáronnos uns bonequiños ben bonitos. 

Seguro que lucen ben bonitiños en calquera lugar.


martes, 29 de abril de 2014

Unha manualidade especial




Hoxe quixemos facer unha tarxeta para unha 
persoa moi moi especial: as nosas mamis. O sorriso delas e dos cativos reflexa con canta ilusión as fixeron e a ledicia con que elas as recibiron. 


martes, 11 de marzo de 2014

As mulleres das nosas vidas!!



os nosos cativos quixeron render unha pequeniña homenaxe as súas mamis polo día da muller. Que importantes son as nosas mamás!






e os seus bicos milagreiros, os seus abrazos consoladores, as súas miradas cómplices, os seus sorrisos, ….

venres, 7 de marzo de 2014

Comezamos o entroido.



 O ar énchese de sorrisos, cores e ledicia,


que nos indican que chega o tempo de entroido .








          



A chuvia non cesa, pero iso non nos impide seguir rebulindo co Entroido, e hoxe argallamos este disfraz tan chulo!!!









que vos parece??? que ben o pasamos recortando e pegando ...   

    


mércores, 5 de marzo de 2014

Rebulimos cos bolechas.

  

Hoxe visitáronnos uns amigos moi especiais,


que aos pequenos da biblio lles gustan moito moito ...